O Supremo mantén os 13 anos de inhabilitación para Oriol Junqueras


A Sala do Penal do Tribunal Supremo (TS) condenou ao ex vicepresidente catalán Oriol Junqueras por un delito de desobediencia en concurso con malversación, e mantén a súa pena de inhabilitación de 13 anos, o que supón que non poderá aspirar a ningún cargo público ata 2031. A Sala tomou esta decisión despois de revisar a sentenza do ‘procés’ ao amparo da reforma penal que eliminou a sedición e modificou a malversación. O Supremo tamén condenou aos exconsellers Raül Romeva, Jordi Turull e Dolors Bassa por un delito de desobediencia en concurso con malversación e mantén a súa pena de inhabilitación (ata 2031 no caso de Bassa e 2030 de Turull e Romeva).