O Supremo ratifica a condena para o home que matou a muller en Cabana de Bergantiños


O Tribunal Supremo ratificou os 26 anos e medio de cárcere para o home que matou a súa muller o 19 de agosto de 2018 en Cabana. Julián Gil Pose disparou tres tiros polas costas que acabaron coa vida de Ana Belén Varela. Esta resolución, contra a que non caben máis recursos, mantén as condenas fixadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Audiencia Provincial da Coruña. Tamén inclúen: 27 anos de orde de afastamento da familia directa da vítima e dos seus dous fillos, e obriga a indemnizar os fillos, a nai, e os tres irmáns da vítima con 238.000 euros polos danos morais causados.