O Supremo ruso prohibe o movemento LGBT

1 minutes read

O Tribunal Supremo de Rusia prohibiu este xoves o movemento internacional LGBT neste país, ao consideralo unha “organización extremista” a pedimento do Ministerio de Xustiza.

“Recoñecer o movemento internacional cívico LGBT como unha organización extremista e prohibir as súas actividades en territorio de Rusia”, ditaminou o xuíz, Oleg Nefédov, segundo informa a axencia Interfax.

A medida, que ten efecto “inmediato”, prohibe a propaganda, a publicidade, o xerar interese e animar a integrar as filas do movemento LGBT.

Eso si, segundo a fonte, o fallo “non afecta ao dereito os cidadáns á vida privada”, xa que a homosexualidade deixou de ser un delito neste país en 1993.

A vista transcorreu a porta pechada e só contou coa presenza de representantes do Ministerio de Xustiza, que remitiron a demanda o pasado 17 de novembro.

Activistas LGBT crearon no último momento a organización Movemento Internacional Cívico LGBT, que ata entón non existía, co fin de defender os dereitos do movemento, pero non foron convidados á vista.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?