O Supremo ruso prohibe o movemento LGBT

O Tribunal Supremo de Rusia prohibiu este xoves o movemento internacional LGBT neste país, ao consideralo unha «organización extremista» a pedimento do Ministerio de Xustiza.

«Recoñecer o movemento internacional cívico LGBT como unha organización extremista e prohibir as súas actividades en territorio de Rusia», ditaminou o xuíz, Oleg Nefédov, segundo informa a axencia Interfax.

A medida, que ten efecto «inmediato», prohibe a propaganda, a publicidade, o xerar interese e animar a integrar as filas do movemento LGBT.

Eso si, segundo a fonte, o fallo «non afecta ao dereito os cidadáns á vida privada», xa que a homosexualidade deixou de ser un delito neste país en 1993.

A vista transcorreu a porta pechada e só contou coa presenza de representantes do Ministerio de Xustiza, que remitiron a demanda o pasado 17 de novembro.

Activistas LGBT crearon no último momento a organización Movemento Internacional Cívico LGBT, que ata entón non existía, co fin de defender os dereitos do movemento, pero non foron convidados á vista.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha