O Pleno do Tribunal Constitucional suspendeu provisionalmente a norma impulsada polo Goberno da presidenta madrileña Isabel Diaz Ayuso que limita o acceso á eutanasia ás persoas con discapacidade tuteladas. A corte de garantías admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade promovido polo Goberno central contra a disposición adicional segundo da Lei da Comunidade Autónoma de Madrid do 15 de febreiro de creación da Axencia Madrileña para o Apoio ás Persoas Adultas con Discapacidade. A ministra voceira, Isabel Rodríguez, explicou que «a norma autonómica realiza unha inxerencia en materia reservada a lei orgánica» e «produce unha quebra do principio de seguridade xurídica» porque «está a afectar a unha lei en vigor, como é a Lei de Eutanasia, limitando os requisitos para acceder aos dereitos que garante esta Lei de Eutanasia».
36