O Teatro Colón da Coruña acollerá en novembro a segunda edición de ‘Músicas posíbeis’

Aida Saco Beiroa, Trinity mais Hernani Faustino, FAIA, María Toro e o proxecto Terreiro Mestiço –no que a galega Uxía compartirá escenario con outros cinco músicos de Brasil e Portugal– serán protagonistas dun programa no que terán cabida o instrumental con raíces clásicas; a improvisación debedora do jazz, o ‘noise’ ou o metal; as músicas tradicionais galego-luso-brasileiras, o cruzamento do folclore galego co flamenco e ata o rock progresivo, e a experimentación sonora con cancións de transmisión oral.

Este venres tivo lugar a presentación da programación, no Teatro Colón a deputada de Cultura, Natividade González, estivo acompañada de Faia, Mihai Tanasescu, en representación de Aida Saco, e Pablo Rega en representación de Trinity.

Related posts

Rescatan a unha persoa da auga na Coruña, preto da Torre de Hércules, pero faleceu no hospital

A Deputación da Coruña convoca a oitava edición dos Premios PEL

Licitada a construción de sendas peonís nas estradas DP-5602 e DP-1302, en Negreira