O Concello de Coristanco pechou o seu Nadal Cultural este luns, 4 de xaneiro, coa obra «O Nadal na fraga», de Teatro de Títeres.
Desde o pasado 23 de decembro, os máis pequenos puideron realizar diferentes e divertidos obradoiros de repostería, pintura ou artesanía. Todas as actividades leváronse a cabo baixo estritas medidas de seguridade e hixiene.