O teatro súmase á celebración do 8M en Arteixo


Feminismo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminismo.

Con esta premisa comeza “FeminÍssimas”, a comedia que se poderá disfrutar no auditorio do centro cívico de Arteixo este venres 5 de marzo ás 8 da tarde, cos prezos habituais das entradas que se poden adquirir dúas horas antes do comezo da función na billeteira do centro cívico. 

Trátase dunha “comedia negra, moi violeta” que pon en escena a compañía “Destexeito” baixo a dirección de Xavier Castiñeira e protagonismo para Noelia Blanco, Esther F. Carrodeguas e Stephy Llaryora.