O teléfono 024 atendeu máis de 34.000 chamadas nos seus catro primeiros meses


Así se desprende do balance de actividade da Liña de Atención á Conduta Suicida posta en marcha polo Ministerio de Sanidade o pasado 10 de maio baixo o lema ‘Chama á vida’; un servizo que, tras unha elevada demanda nos primeiros días de funcionamento, atende actualmente unha cifra diaria de ao redor de 300 chamadas. Os datos rexistrados ata a data evidencian a necesidade do este servizo para facer fronte a unha ameaza silenciada e latente como son os problemas de saúde mental e a conduta suicida. O suicidio é a primeira causa de morte externa no noso país. A Liña 024, de Atención á Conduta Suicida, está en funcionamento as 24 horas do día, os 7 días da semana, todos os días do ano. É gratuíta, accesible, inmediata, confidencial e está atendida por persoas expertas, para dar apoio a persoas con conduta suicida, familiares e achegados e intervir, no caso de ser necesario, en situacións complexas de alto risco.