O tempo engadido castiga ao Sofán na casa fronte ao Barco (1-2)

Sofán SD.

O Barco visitou este domingo a casa do Sofán, un partido no que os ourensáns sumaron os tres puntos que lle achegan un pouco máis a poder xogar unha promoción de ascenso a Segunda Federación que teñen encarrilada e que afunde un pouco máis á SD, que está a ter moi pouca sorte. O equipo carballés plantou cara desde o principio ao seu rival e tiveron a primeira ocasión nunha internada de Alexandre que cede a Kolie e o seu tiro rexeitouno Aitor Arias, pero foise ao descanso sen goles, 0-0.

A segunda parte empezou de fronte para o Sofán, que estaba a realizar un bo partido, no minuto 47, e tras unha falta lateral, sería Iván Martínez o que poñería o 1-0 no marcador tras un moi bo cabezazo. Foi dez minutos máis tarde, no 66, e tras unha falta afastada botada por David Álvarez, o balón cóase pegado ao pau dereito, para poñer o empate no choque, 1-1.

Nos últimos instantes e cando todo parecía acabar en empate, tivo Raúl un par de cabezazos que non converteu e no minuto 94 nunha falta afastada, o balón prolóngao Duque, rexéitao a defensa local pero caelle a Manuel que cun zurdazo que se vai afastando entra en portería pegado o pau de Julián, 1-2.

Demasiado castigo para a SD Sofán, que fixo un dos seus mellores partidos da tempada ante un equipo rival cun gran potencial. Sen tempo para lamentarse e coa cabeza moi alta, a SD prepara xa o próximo encontro, será este mércores en Ourense.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha