O temporal de vento e chuvia bautizado como «Bárbara» entrou polo litoral galego afectando sobre todo á costa da provincia de Pontevedra e tamén á Costa da Morte. Nestas dúas zonas mantívose activado o aviso laranxa por fortes ventos que en puntos como Camariñas roldaron os 110km/h. A forza do vento tamén se deixou notar maís ao norte en Cedeira ou en puntos altos da Mariña onde se rexistraron refachos por riba dos 100km/h. Aínda así os ventos do sur non están a afectar a todos por igual. Na cidade da Coruña intensificáronse as chuvias por acumulación de ata 40l/m2 en 12 horas. Este martes a situación tende a mellor agás precisamente nas zonas altas ourensás onde a partir do mediodía se agardan fortes precipitacións de novo.
43