O temporal deixou sen voos o aeroporto de Santiago e sen trens as liñas Vigo-Ourense e A Coruña-Ferrol

1 minutes read
  • Entrimo e Val do Dubra lideran a concentración de precipitacións. No municipio ourensán rexistráronse 29.8 l/m2 e no coruñés, 27.8 l/m2.

O aeroporto da Lavacolla en Santiago quedou inoperativo dende as sete da tarde deste mércores. Desviáronse a Peinador en Vigo dous vóos que terían que chegar ao aeroporto compostelán. E ademáis, cancelaron dous vóos que tiñan prevista a saída dende Santiago, e outros dous que tiñan que chegar ao aeroporto da capital de Galicia. 

Pola súa parte, Renfe anunciou a interrupción da circulación ferroviaria entre Ourense-Vigo e A Coruña-Ferrol polas condicións meteorolóxicas adversas da borrasca Ciarán.

Segundo informaron, dada a situación e en previsión de fortes refachos de vento, modificáronse os servizos durante a noite deste mércores e durante o xoves.

Renfe estableceu un servizo de transporte alternativo por carretera entre Ourense e Vigo para os viaxeiros dos trens afectados da noite e de mañá á primeira hora. O servizo A Coruña-Ferrol e Ferrol-A Coruña tamén se realizaba por estrada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?