O temporal Domingos provocou numerosas incidencias en Carballo

2 minutes read

Os refachos de vento provocados pola borrasca bomba ‘Domingos’ chegaron a superar este sábado os 130 quilómetros por hora no Monte Neme. A nivel local en Carballo provocaron incidencias dende primeira hora, ás 11da mañá tivo lugar a caída dunha árbore no xardín ubicado fronte ao Fórum, o arbusto cortaba parcialmente a rúa Luis Braille, pero por sorte non había ningún turismo aparcado no lugar e tampouco coincidía o paso de ningunha persoa nese momento, aínda que por pouco.

A primeira hora da tarde o desprendemento dunha chapa do cumio da cuberta do pavillón Vila de Noia poñía en alerta á Policía Local, Protección Civil e aos Bombeiros do parque de Bértoa. Tras cortar un trozo de rúa e acordoar a zona, estos últimos tiveron que facer uso do camión escaleira para proceder a subir ao tellado do pavillón, cortar a chapa desprendida cunha radial e retirar os seus restos. O suceso non provocou alteracións nas actividades deportivas programadas no interior.

A Garda Civil de Tráfico tamén investiga as causas dun accidente que se producía na estrada que comunica con Razo a un quilómetro do casco urbano, onde unha muller resultou ferida, pasaban uns minutos das cinco da tarde e a esa hora os refachos de vento eran moi intensos nesa zona.

A última hora da tarde a caída dunha árbore sobre unha liña de media tensión, entre As Labradas e a Feira de Berdillo, provocou un regueiro de lume no cableado e unha pequena explosión, sen máis alcance que a interrupción do suministro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?