O temporal que arrasa os Estados Unidos xa deixa polo menos 18 mortos

1 minutes read

O temporal Elliot arrasa os Estados Unidos e deixa polo menos dezaoito mortos en varios estados do país. Unha tormenta invernal cunha extensión moi pouco frecuente que deixou a máis de 315.000 fogares e negocios sen electricidade en vésperas de Nadal. Segundo as autoridades, as mortes debéronse fundamentalmente a accidentes de tráfico, exposición a baixas temperaturas e caídas de ramas.

Estradas cortadas e liñas eléctricas destruídas por fortes ventos e nevadas que fixeron que polo menos 200 millóns de persoas nos Estados Unidos, o 60% da poboación, estivese baixo algunha alerta polo clima. Case catro millóns de cidadáns seguían esta fin de semana en alerta.

O paso de Elliot deixou a miles de persoas sen poder viaxar en Noiteboa, 4.900 voos foron cancelados o sábado e súmanse ás 6.000 cancelacións do xoves. Nalgúns lugares do Estado de Nova York, como na ciuda de Búfalo, puidéronse ver tormentas eléctricas.