O tifón Doksuri xa deixou polo menos 14 mortos no sueste asiático 

1 minutes read

Choivas intensas, ventos tempestuosos, cancelacións de voos, cortes de electricidade, bloqueos de estradas… En Taiwan faleceu unha muller tras caer ao río e ser arrastrada pola corrente. Decenas de miles de fogares quedaron sen electricidade e producíronse varios corrementos de terra. Precisamente, por medo aos corrementos de terra, máis de 3.000 persoas foron evacuadas da cidade de Kaohsiung. Así mesmo, os aeroportos taiwaneses rexistraron máis de 300 cancelacións de voos nacionais e internacionais nas últimas horas, informaron medios locais. O tifón obrigou ademais á anulación esta semana dalgúns exercicios militares no marco das manobras anuais Han Kuang, que teñen como obxectivo avaliar a capacidade defensiva da illa ante unha posible invasión procedente da China. O Centro Meteorolóxico de Taiwan declarou nas últimas horas que o tifón xa deixara atrás a illa en dirección noroeste, cara ás costas chinesas, a unha velocidade de 155 quilómetros por hora.