O ‘tiki taka’ cambia de mans | Luís de la Fuente substitúe a Luís Enrique como seleccionador


Luís Enrique Martínez García publicou unha carta para agradecer os 4 anos durante os que estivo ao cargo da Selección nas súas redes sociais. “O que necesita a selección é apoio en todo o seu significado para que Luís de la Fuente consiga todo o que se propoña”. Despois do anuncio este xoves, unha vez ratificado o seu nomeamento pola xunta directiva, Luís de la Fuente sería presentado o luns 12 de decembro ás 12:30 horas no salón Luís Aragonés da Cidade do Fútbol de Las Rozas.