28
Política Social e Xuventude anunciou a ampliación da vixencia do título de familia numerosa ata os 21 anos do primeiro fillo. Actualmente debían renovar este documento cada catro anos, o que supoñía un esforzo administrativo para elas. Ademais de actualizar o acceso a este recoñecemento, a Xunta tamén renovou o deseño do carné que se lle facilita ás familias numerosas e neste mesmo ano poñerase á disposición de todas elas un título de familia numerosas en formato dixital. Outra das medidas que beneficiará ás familias será a ampliación da dedución autonómica no IRPF. Unha medida que axudará ás que teñen dous fillos, pero tamén ás familias numerosas que incrementarán as contías a deducir.