O Tizón de Nadal cobra vida no Castelo de Vimianzo

1 minutes read
  • Trátase dun rito ancestral, de orixe celta, para celebrar o solsticio de inverno

Vimianzo prendeu este xoves o Tizón de Nadal na lareira do Castelo. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, foi a encargada deste acendido e estivo acompañada das edilas de Benestar Social e Cultura, María José Pose e Rosa Blanco. Ao acto tamén acudiron os artesáns e artesás que traballan na fortaleza soneirá.

O acendido do Tizón é un rito ancestral, de orixe celta, para celebrar o solsticio de inverno. «Simboliza queimar o vello para dar paso a novas cousas», sinalan desde a Alcaldía. En Aninovo apagarase pero conservaranse os restos para prendelos en época de treboada ou temporais e así «protexer o noso fogar».