O Toque Xiria organiza un curso de xadrez para adultos/as

O Club O Toque Xiria inicia o 6 de novembro un curso de xadrez para persoas adultas. As sesións serán todos os xoves, de 20.00 a 21.00 horas, no Espazo Xove, situado na rúa Valle Inclán, número 24.

O prazo de inscrición está aberto. O prezo é de 10 euros ao mes. Os/as interesados/as poden informarse e anotarse chamando ao teléfono 617 234 393 ou enviando un correo electrónico a xadrezcarballo@gmail.com.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha