O Torneo Concello de Cerceda de fútbol sénior celebrou a súa segunda edición

O campo de fútbol do Roxo acolleu este sábado 30 de agosto a segunda edición do Torneo Concello de Cerceda, unha cita xa consolidada que reuniu aos catro equipos sénior do municipio: o C.C.D. Queixas, o Club Atlético Cercedense, a S.D. San Martiño e o Rodís F.C.

A xornada deportiva deu comezo ás 16:00 horas co primeiro partido entre o Queixas e o San Martiño, seguido do enfrontamento entre o Cercedense e o Rodís. Os equipos derrotados xogaron posteriormente polo terceiro e cuarto posto, antes de dar paso á gran final, disputada ás 19:35 horas.

Nun ambiente festivo e con gran presenza de público, o torneo proclamou campión ao CCD Queixas, que se impuxo na final ao Rodís.

Tras o encontro decisivo, celebrouse a entrega de premios coa presenza do alcalde, Juan Manuel Rodríguez; do concelleiro de Deportes, Óscar Golán, e doutros membros do goberno local, quen fixeron entrega dun recoñecemento aos catro equipos participantes pola súa implicación e espírito deportivo.

O rexedor destacou a boa acollida da cita: “Un ano máis conseguimos que o fútbol cercedense fose protagonista nunha xornada de convivencia e amizade. Agradecemos a participación dos equipos e do público, que fixeron deste torneo unha verdadeira festa”.

Related posts

Alcaraz conquista o seu segundo US Open ante Sinner e recupera o número un do mundo

A selección española de fútbol goleou a Turquía e encarrila a clasificación para o próximo Mundial

O Calvo Basket Xiria renova a Rubén Rey e Alex Iglesias