O traballo e vida de Labarta Pose inundan o IES Maximino Romero de Baio

Exposición sobre Labarta Pose en el IES Maximino Romero de Lema_Cedida

  • A mostra está aberta ao público e poderá visitarse ata o 21 de decembro

O IES Maximino Romero de Baio acolle desde o pasado venres unha mostra sobre Enrique Labarta Pose, un dos escritores galegos máis recoñecidos na literatura do noso país.

Impulsada polo Concello de Zas, esta exposición é a primeira que se lle dedica ao autor baiés e está constituída por seis paneis con fotografías e textos explicativos que divulgan aspectos sobre a súa vida e as súas facetas de escritor, fotógrafo e periodista. Para o aproveitamento da mesma o alumnado visitará a exposición seguindo unha unidade didáctica elaborada polo propio centro.

A mostra, que está realizando un percorrido por diferentes colexios do municipio, está aberta a todo o público e poderá visitarse de luns a venres en horario escolar ata próximo día 21 de decembro.