- O programa, impartido pola Asociación Vieiro, vai dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO
O pasado luns día 11 de xaneiro a Asociación Vieiro, dentro do programa de Prevención escolar, iniciou nos diferentes institutos de Carballo a formación Habilidades sociais e persoais: «O triángulo da saúde».
Vai dirixida ao alumnado de 1º e 2º da ESO e está dividida en tres bloques: Acompáñote, onde se lle proporciona ao alumnado as ferramentas necesarias para vivir o seu día a día; Des-conecta, relacionado coa correcta utilización das novas tecnoloxías; e Ti elixes, onde se facilita información sobre sustancias adictivas.
O programa “O triángulo da Saúde”, impartido por Patricia Rodríguez Villar, realizarase durante o segundo trimestre do curso escolar 2020-2021. As sesións teñen unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha.