O Tribunal de Contas reclama 5,4 millóns pola promoción exterior do ‘procés’


A Fiscalía abriu dilixencias de investigación sobre a concesión, por parte do Instituto Catalán de Finanzas (ICF) do aval a unha trintena de ex altos cargos da Generalitat aos que o Tribunal de Contas reclama 5,4 millóns pola promoción exterior do ‘procés’. Nun decreto, a Fiscalía Superior de Cataluña acorda abrir unha investigación por mor dunha denuncia de Cs por un delito de malversación, aínda que a remite á Fiscalía de Barcelona para que practique as dilixencias para aclarar a intervención dos membros da Xunta de Goberno do ICF, xa que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) xa ten unha denuncia contra o Govern por este tema. Oriol Junqueras e Carles Puigdemont, son dous dos procesados polo Tribunal de Contas.