O Tribunal Penal Internacional (TPI) inicia unha investigación por crimes de guerra contra Rusia. O fiscal, Karim Khan, anunciou que procederá a investigar os contra a humanidade e xenocidio por parte de Rusia tras a solicitude de 39 países, entre os que se atopan España, Francia, Alemaña, Reino Unido e Italia. Segundo Amnistía Internacional, desde que estalou a guerra e ata o 28 de febreiro, rexistráronse presuntos crimes de guerra en Ucraína, e aínda que non se confirmaron cifras de mortes de civís. A ONU informou de 136 mortos ata o pasado martes, pero o Goberno ucraíno afirma que hai máis de 2.000. Nin Rusia nin Ucraína son membros do Tribunal Penal Internacional, do TPI, aínda que Ucraína recoñeceu a súa xurisdición en 2014. A investigación sobre os crimes acaba de empezar, pero a guerra parece estar lonxe do seu fin.