O Tribunal Supremo avalou este martes a obrigación de exhibir o pasaporte COVID en establecementos de restauración e lecer nocturno de Galicia, unha medida acordada pola Xunta o pasado mes de agosto, pero que foi rexeitada polo Tribunal Superior de Xustiza da comunidade. A Sección cuarta do Contencioso do alto tribunal estimou agora o recurso do Goberno galego contra o devandito auto do tribunal autonómico, que rexeitou esta obrigación, ao considerar que a medida é idónea, necesaria e proporcionada. Os maxistrados consideran que «o beneficio» que proporciona a medida, «respecto da redución significativa dos contaxios, é moi superior ao sacrificio que comporta a esixencia de presentar a documentación para o acceso ao local», e non atisban outra «que resulte máis adecuada para salvagardar a vida e a saúde dos cidadáns, nese tipo de locais».
35
