O Tribunal Supremo condenou a dous anos de inhabilitación ao fiscal xeral do Estado

  • O Goberno respecta pero non comparte a sentenza e o PP di que Sánchez debe pedir perdón.

O Tribunal Supremo condenou ao fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, cunha inhabilitación de dous anos e unha multa de 7.200 euros por revelación de datos reservados en relación coa filtración dun correo electrónico coa confesión de dous delitos fiscais de Alberto González Amador, noivo da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Ao ser un fallo adiantado, descoñécense aínda os detalles da sentenza, polo que non se sabe se se condena a García Ortiz pola presunta filtración do correo do avogado de González Amador no que se recoñecían no seu nome dous delitos fiscais, ou se é pola nota de prensa na que se detallou ese mail e cuxa autoría sempre asumiu o fiscal xeral. A decisión do alto tribunal, que é firme, supoñerá a saída de Álvaro García Ortiz da xefatura da Fiscalía Xeral do Estado, onde chegou en xullo de 2022.

Related posts

Morre un motorista de 28 anos nun accidente en Moaña

Arrincaron en Carballo os obradoiros escolares do programa Enreguéifate

Unha muller resultou ferida a causa dunha caída de altura en Cerceda