O Tribunal Supremo mantén a inhabilitación de Quim Torra

DPM.

O Tribunal Supremo, por unanimidade, valida a decisión da Xunta Electoral de cesar a Quim Torra como deputado autonómico. O Tribunal xustifica a decisión porque non é irreversible, xa que a súa condena por desobediencia aínda non é firme. Torra di que isto non cambia nada: “son deputado e son presidente de Cataluña porque así o decidiu a cidadanía de Cataluña. Non nos imos botar atrás”

Non está claro se o cesamento como deputado implicaría a perda da condición de presidente. Para o Partido Popular si, e por iso advirten a Sánchez que debe cancelar o encontro previsto para a primeira semana de febreiro.

Por outra banda, Margarita Robles afirma que: “xuridicamente, non hai ningunha oposición desde o punto de vista xudicial a que poida continuar como presidente do Govern de Cataluña”