O Tribunal Supremo suspende a exhumación de Franco

O Tribunal Supremo acordou por unanimidade suspender, polo momento, os plans do Goberno de exhumar a Francisco Franco da basílica do Val dos Caídos o próximo luns.

Segundo informa o Alto Tribunal, o principal argumento da sección cuarta do Contencioso-Administrativo para acceder ás medidas cautelares solicitadas polos netos do ditador é a de «evitar o prexuízo» que doutra maneira se causaría tanto aos recorrentes como «aos intereses públicos encarnados no Estado e nas súas instituciones constitucionais».

Estes, di a sala, «veríanse gravemente afectados se, exhumados eses restos, se estimase o recurso e fose preciso devolvelos ao lugar en que están».

O Goberno asume a decisión do Tribunal Supremo de suspender, polo momento, a exhumación do ditador, pero está convencido de que ao final desestimará o recurso da familia e acabará permitindo o traslado dos restos de Franco.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha