O triséximo aniversario de Heredeiros da Crus contará con seis novos concertos

1 minutes read

A Xunta de Galicia apoia o trixésimo aniversario da banda galega Heredeiros da Crus impulsando a celebración de seis novos concertos que se sumarán así á xira deste ano. En concreto, como anunciou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, durante a presentación da iniciativa, colaborarase na celebración de concertos en Catoira, Valga, Pantón, Lalín, Vilanova de Arousa e Muros.

O titular de Cultura puxo en valor a traxectoria desta banda que se converteu “nun dos fenómenos musicais máis grandes de Galicia” ao ter conseguido construír un “selo propio no panorama roqueiro galego de todos os tempos”. Referiuse á “contundencia das súas letras” e tamén á “enerxía e humor despregados no escenario” como parte do seu éxito, ao que se suma o facer “do seseo e da gheada unha das súas principais bandeiras”, indicou.  

Salientou, ademais, que o apoio a estes concertos enmárcase na política cultural da Xunta de Galicia por impulsar diferentes iniciativas “que permitan reflectir a pluralidade e diversidade da nosa música e a nosa cultura”, indicou. Neste sentido, fixo referencia ao apoio do Goberno autonómico á música galega a través de diferentes iniciativas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?