O TSXG absolve a un dos condenados do asasinato de Samuel Luiz

1 minutes read

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu un dos catro condenados en primeira instancia polo asasinato de Samuel Luiz, cometido na madrugada do 3 de xullo de 2021 no paseo marítimo da Coruña. A Sala do Civil e Penal acolleu o recurso interposto por A. M. R., polo que revogou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que o condenou a dez anos de cárcere como cómplice do crime, os membros do alto tribunal galego aseguran que a condena como cómplice de A. M. R. carece de base probatoria, pois “non consta acreditado que participase na agresión”. Os maxistrados, pola contra, rexeitaron os recursos presentados polos outros tres condenados como autores do asasinato. Polo tanto, confirmaron as penas de cárcere que lles impuxeron. Con esta absolución e a previa de C. S. redúcense a cinco os condenados -hai outros dous que eran menores de idade no momento dos feitos e que xa cumpriron as súas penas- pola agresión grupal que matou a Samuel Luiz.