O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) notificou a asociación ecoloxista Adega e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica a admisión a trámite dos recursos contencioso-administrativos interpostos por ambas entidades a finais do pasado mes de xaneiro contra a autorización de tres parques eólicos promovidos por Greenalia nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia, denominados como Bustelo, Campelo e Monte Toural, declarados de interese especial e prioritario polo Consello da Xunta en 2018. Cabe destacar que por aquel entonces aínda exercía de conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, quen agora forma parte do consello de administración da empresa Greenalia, a promotora dos parques. O alto tribunal solicitoulle á Xunta os expedientes dos tres parques para estudalos e emprazar ás partes a personarse no procedemento.
38