O TSXG anula o permiso para construír o parque eólico de Campelo

1 minutes read

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo, pero de momento a sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG anulou a autorización administrativa previa e de construción deste parque eólico situado entre os municipios de Coristanco e Santa Comba. Tamén anulan a declaración de utilidade pública, así como de compatibilidade con diversos aproveitamentos mineiros e forestais do proxecto. O Tribunal estima así o recurso da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica e de Adega contra o acordo do Consello da Xunta do 18 de novembro de 2021, que lle deu autorización.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?