O TSXG autoriza prorrogar as restricións nocturnas na fin de semana ata o día 29


Os xuíces do TSXG valoran o efecto favorable de esixir o certificado covid en hostalería e outros ámbitos, mesmo polos beneficios indirectos para a poboación máis resistente a vacinarse, aseguran no auto. As reunións de non conviventes entre as tres e as seis da mañá quedan limitadas a partir da próxima semana ás noites do xoves ao venres, fins de semana e festivos. O Tribunal considera evidente a necesidade de prorrogar as medidas anticovid ante o informe da evolución da pandemia que lle remitiu a Xunta.