O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de ratificar a sentenza emitida hai un ano por un xulgado de Pontevedra que condenou á Xunta a devolver ao seu lexítimo propietario un terreo de 15.376 metros cadrados restaurándolle o seu potencial forestal, con terra vexetal e reforestación, terreo do que se apropiou ocupándoo durante as obras de construción do último treito da Autovía do Morrazo para convertelo nun lugar no que depositar entullos. Fíxoo, segundo censurou o xulgado inicial e agora ratifica o tribunal, para “liberar á empresa construtora da custosa carga de transportar ata un lugar autorizado as terras e entullos sobrantes da obra”. Un proceder da Xunta que o TSXG considera «insólito», segundo a sentenza avanzada por Pontevedra Viva.
34