O turismo inclusivo será unha prioridade e unha realidade no Monte do Gozo

1 minutes read

Así o fixeron saber este sábado o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, na visita as obras de rehabilitación e adaptación para poñer en marcha o novo centro asistencial e turístico da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes) no Monte do Gozo co obxectivo de fomentar un turismo inclusivo. Ao acto tamén acudiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da asociación, Ignacio Labella.

Presisamente, o Executivo autonómico asinou o ano pasado coa entidade un acordo para a cesión por un período de 33 anos do edificio do cámping do Monte do Gozo que estaba en desuso desde hai unha década colaborando na reforma das instalacións cun investimento de máis de 764.800 euros. A rehabilitación deste inmoble permitirá á asociación contar cun centro de día con servizos terapéuticos para persoas con Trastorno do Espectro Autista. Ademais, neste centro ofreceranse servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal e programas de fomento do turismo inclusivo.

As obras no centro de Aspanaes inclúense no Plan de Revitalización do Monte do Gozo, dotado con 7,4 millóns de euros, co fin da reconversión deste espazo para convertelo nun símbolo do Xacobeo 2021 e nun punto de encontro para o conxunto da cidadanía.