O ultraconservador Ebrahim Raisí vence en Irán


Trátase dun clérigo rigorista, de 60 anos, ata o de agora xefe do Poder xudicial, e que obtivo unha vitoria contundente nas eleccións, nas que conseguiu case o 62 % dos votos. Con todo, ese resultado viuse embazado pola participación, inferior ao 50 %, a máis baixa desde o triunfo da Revolución Islámica, en 1979, o que reflicte, segundo os analistas, o descontento da poboación co réxime. A falta dunha alternativa reformista de consenso tampouco animou aos votantes a participar. O ultraconservador Raisí sente un forte receo cara a Occidente e Estados Unidos, pero as cuestións internacionais e as decisións sobre o acordo nuclear non van depender del, pois son competencia exclusiva do líder supremo, Alí Jamenei.