O presidente de Polonia, Andrzej Duda encargou a formación dun novo goberno ao primeiro ministro en funcións, Mateusz Morawiecki, do partido ultraconservador Lei e Xustiza.
Nunha mensaxe televisada, Duda dixo que corresponde ao grupo vencedor das eleccións, Lei e Xustiza , ser o primeiro en tentar formar Gobierno.
A falta de maioría parlamentaria complica as opcións reais do partido de Morawiecki. A aritmética é favorable para unha alianza de partidos opositores, co liberal Donald Tusk á cabeza.
O parlamento deberá celebrar unha sesión constituínte o 13 de novembro. Nesa sesión propoñerase formalmente a Morawiecki como candidato a xefe do novo Executivo. Se este non alcanza a maioría absoluta, Duda terá dúas semanas para designar a outro candidato. A alianza opositora reclamaba que o primeiro encargo fose directamente para Tusk, a fin de non dilatar o proceso.