O ultradereitista Steve Bannon entrégase ao FBI

1 minutes read

Tras ser imputado por desacato ao Congreso dos Estados Unidos o ultradereitista Steve Bannon, entregouse este luns na oficina do FBI de Washington.
Bannon, de 67 anos, exasesor de Donald Trump durante os primeiros anos da súa presidencia, non respondeu a unha citación do comité lexislativo que investiga o asalto ao Capitolio por unha turba de trumpistas en xaneiro pasado. O 6 de xaneiro cinco persoas resultaron mortas e 140 policías agredidos durante o asalto ao Congreso mentres se celebraba unha sesión. A acusación por desacato ao Congreso e por negarse a entregar documentación pode carrexar entre 30 días e un ano de cárcere.