35
Co 30,1% dos votos, o economista ultraliberal, que se declara en contra do aborto e considera o cambio climático unha farsa da esquerda, converteuse no candidato con máis apoio das Primarias, Abertas, Simultáneas e Obrigatorias (PASO).
A exministra de Seguridade da Nación, Patricia Bullrich, obtén o 17% dos votos, e sumados ao do resto de membros da súa coalición, Xuntos polo Cambio queda en segundo lugar co 28,3%.
O peronismo, representado pola coalición gobernante Unión pola Patria e encabezada polo ministro de finanzas, Sergio Massa, logra un 27,2%; o seu peor resultado desde 2011.
Este escenario deixa o destino das eleccións presidenciais de outubro completamente aberto.