‘O único que Feijóo fixo é meter a ultras nos gobernos’, di Yolanda Díaz

A vicepresidenta segunda e candidata de Sumar ás eleccións xerais, Yolanda Díaz, alertou este martes dun posible Goberno de coalición entre PP e Vox, con Alberto Núñez Feijóo de presidente e Santiago Abascal de vicepresidente. «Feijóo a única achega que fixo ao noso país é meter aos ultra nos gobernos. Ultras que pisan os dereitos das mulleres, das persoas LGTBI», apuntou. O que fai Feijóo é impropio dun demócrata», criticou. Os «ultras», engadiu, «son capaces de facer desaparecer o diálogo social, como en Castela e León, gobernan contra empresarios e traballadores», concluíu Yolanda Díaz.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha