O uso da Chave365 será ampliado a persoas non residentes en España


Facilitar e ampliar o uso da Chave 365 é un dos obxectivos para estender o uso da Administración electrónica entre a cidadanía. Por iso a Administración autonómica modificará a orde que rexe este sistema de claves concertadas para facilitar a identificación por videoconferencia e posibilitar os seu uso por persoas non residentes España.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publicou no portal de transparencia o proxecto de orde que permitirá estas modificacións e que está aberto a suxestións ata o vindeiro 16 de xuño.

Unha das modificacións do sistema é habilitar o identificación do usuario de Chave 365 a través de videoconferencia, evitando a identificación presencial nunha oficina de rexistro ou a través da sede electrónica cun DNI electrónico.

Por outra banda para facilitar o uso de Chave 365 por parte de persoas non residentes en España que non dispoñan de NIF o sistema creará un identificador co que poderán acceder.

O Servizo Chave 365 entrou en funcionamento no ano 2015 para simplificar a xestión telemática ante a dificultades de uso do certificado electrónico