35
- A obrigatoriedade do uso das máscaras prevalece nos espazos públicos sempre que non haxa posibilidade de manter unha distancia de dous metros
Este mércores entrou en vigor a Orde pola cal as persoas de máis de seis anos deberán usar obrigatoriamente a máscara na vía pública onde non sexa posible manter a distancia social de polo menos dous metros, así como en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público.
Tal e como establece a orde do Ministerio de Sanidade no Boletín Oficial do Estado, as máscaras serán obrigatorias desde este xoves 21 de maio, aínda que hai algunhas excepcións:
- Persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de máscara.
- Persoas nas que o uso de máscara resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
- Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza destas, resulte incompatible o uso da máscara.
- Causa de forza maior ou situación de necesidade.
Desde o Goberno lembran a necesidade de seguir cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias relativas ao mantemento da distancia interpersoal, a hixiene de mans e resto de medidas de prevención.