O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, está en Europa para presionar aos seus aliados para que impoñan sancións máis duras a Rusia. A súa primeira parada foi na sede da OTAN… onde os líderes volveron a pedir a Rusia que poña fin á invasión.
A Alianza Atlántica acordou despregar 4 novos batallóns no flanco Este de Europa (Hungría, Eslovaquia, Romanía e Bulgaria) e tamén enviar material a Ucraína para defenderse ante un posible ataque químico ou biolóxico de Rusia.
“Calquera uso de armas químicas cambiará por completo a natureza do conflito. Será unha violación flagrante do dereito internacional e terá amplas consecuencias e, por suposto, será extremadamente perigoso. Afectará á xente de Ucraína, pero tamén existe o risco de que teña un efecto directo sobre as persoas que viven nos países da OTAN», detallou o seu Secretario Xeral, Jens Stoltenberg.
O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, participou no cume da OTAN a través de videoconferencia cunha lista de demandas moi concreta: 1% de avións da OTAN e 1% de tanques da OTAN. Tamén acusou a Moscova de usar bombas de fósforo.