O uso de máscara xa é de novo obrigatorio na rúa

1 minutes read

En España, xa é obrigatorio levar a máscara non só en interiores, senón tamén pola rúa. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o decreto lei aprobado polo Goberno que fai efectiva esta medida. O presidente do Executivo, Pedro Sánchez, anunciou na conferencia de presidentes autonómicos a volta a esta obrigatoriedade, seis meses despois de que se eliminase, e ante o gran aumento de contaxios de coronavirus que vive España nas últimas semanas. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, xustificou esta medida para evitar as «aglomeracións nas cidades por estas datas». Non será obrigatoria no interior de residencias, centros para persoas con discapacidade ou espazos similares, sempre que a taxa de vacinación sexa superior ao 80 % con pauta completa e dose de recordo. Esta última excepción non se aplica a visitantes externos nin aos traballadores destes centros, para quen segue sendo obrigatoria a máscara en todo momento.