O Vákner de Dumbría | Recurso dinamizador da economía e a cultura na Costa da Morte

1 minutes read

O concurso literario Territorio Vákner celebrouse este sábado no Marco do Couto, no municipio de Dumbría, onde tamén se acaba de descrubrir a estatua do Vákner. Unha peza de cinco metros de altura que representa a un home lobo creada polo escultor Cándido Pazos. O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, destacou que o emprazamento no que se sitúa a creación necesitaba contar co seu protagonista, xa que esta zona «é a confluencia de dous camiños reais, o que vai a Fisterra e o que vai a Dumbría-Muxía», territorio do Vákner. O rexedor sinalou que a zona tamén conta con outros recursos turísticos próximos.
A entrega de premios do certame de relatos e a descuberta desta estatua forman parte da primeira edición do festival dedicado a esta criatura lendaria e que se desenvolve ao longo da xornada no municipio, contando con actuacións de grupos como Luar na Lubre, Víctor Manuel, Ismael Serrano, Alexandra Suárez, Gaiteiros de Buxantes e, Carlos Goñi, líder de Revólver.