O Vaticano suspende a axenda do papa ata o 18 de xuño pola súa operación

A operación de hernia abdominal á que foi sometido o papa Francisco terminou sen complicacións, confirmou este mércores o Vaticano.

«A intervención cirúrxica terminou. Desenvolveuse sen complicacións e durou tres horas», explica un conciso comunicado da Santa Sede.

O pontífice de 86 anos deberá permanecer algúns días ingresado, e a Prefectura da Casa Pontificia cancelou todas as actividades do papa ata o próximo 18 de xuño.

Esta cirurxía decidiuse tras un último recoñecemento que tivo lugar o martes. O estado de saúde do Pontífice estivo recentemente no centro das noticias tras a súa última hospitalización en marzo por problemas respiratorios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha