18
Entidades que forman parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) viaxaron ata a Costa da Morte para poder embarcar no veleiro adaptado Laion que foi incautado ao narcotráfico para darlle un uso social e inclusivo.
Durante quince días, este veleiro permitirá a persoas con mobilidade reducida poder embarcar dende o porto deportivo de Muxía para gozar dunha travesía pola ría de Camariñas, simulando o traxecto Muxía Fisterra, a última etapa do camiño de Santiago.
As entidades que participan neste programa proceden dos concellos de O Carballiño, O Barco de Valdeorras, A Coruña, Val do Dubra, Ourense, Cabana de Bergantiños, Muros, Silleda e Santiago.