Emerxencias mantén activo un episodio de nivel laranxa por ventos de ata 100 quilómetros por hora, na zona da Coruña – Costa da Morte os refachos foron moi intensos durante toda a madrugada e na mañán deste sábado. O groso dos incidentes rexistrados ao longo da madrugada ocorreron na provincia da Coruña, con 56, seis deles no concello da Coruña, catro en Ponteceso e tres en Santiago, Oleiros, Dumbría ou Vimianzo. A caída de árbores sobre as estradas tamén se deixou sentir en zonas como Muxía. En Carballo, a primeira hora da noite, estivo cortada a estrada DP-1902 que comunica con Razo, pola caída dunha árbore á altura de Oza. As incidencias multiplicáronse pola mañá con máis caídas de árbores na parroquia de Bértoa, polo mesmo motivo en Sofán estivo cortada a estrada AC-413 que une Carballo con Ordes. Desprendemento de chapas ou cables en postes e fachadas, mantiveron moi ocupados aos servizos de emerxencia, principalmente bombeiros e Protección Civil.
25