- Por provincias, a da Coruña foi a que levou a peor parte cun total de 104 incidentes rexistrados
O litoral galego atópase en alerta laranxa por chuvias e vento que, entre as 12:00 horas deste venres e ata as 08:00 deste sábado, deixaron na comunidade máis de 200 incidencias. Unha vez máis, foron as caídas de árbores e a retirada de obxectos desprazados nas vías as tipoloxías que máis se repetiron.
Por provincias, a da Coruña foi a que levou a peor parte cun total de 104 incidentes rexistrados. Séguea Pontevedra con 89, Lugo con 17 e Ourense cun total de 10 incidencias.
En canto aos concellos, na provincia da Coruña destaca o de Ribeira, con 11 incidencias contabilizadas, mentres que Ames e Narón rexistraron 4 e 3, respectivamente. Na provincia de Pontevedra destaca o concello de Vigo con 5 incidencias rexistradas, o de Cangas con 4 e os de Pontevedra e Ponteareas con 3 cada un. Na provincia de Lugo, destacan os concellos de Ribeira de Piquín, Riotorto e Palas de Rei con 2 incidentes rexistrados en cada un deles. O concello ourensán de Boborás contabilizou 2 incidencias.