Tres persoas en apuros mentres practicaban wíndsurf na praia do Lago, en Muxía

1 minutes read
  • Unha delas, que compartía táboa, nadou ata unha zona segura. As outras dúas conseguiron chegar a Leis escoltadas pola Salvamar Altair

Tres persoas que se atopaban practicando wíndsurf preto da praia de O Lago, no concello de Muxía, pasaron varios apuros na tarde deste domingo tras ter problemas para afastarse dunha zona rochosa.

Segundo fontes de Protección Civil de Muxía, sobre as 17:15 horas unha turista alertou ao 112 Galicia de que tres individuos que practicaban wíndsurf tiñan problemas para desprazarse ao non poder izar as velas. Unha das persoas, que compartía unha táboa, decidiu tirarse ao mar e nadar ata unha zona protexida; mentres que as outras dúas conseguiron poñerse en marcha e chegar ata o areal de Leis, onde se atopaba o seu vehículo, escoltados pola Salvamar Altair.